O Servizo Galego de Sáude (Sergas) iniciou este martes no Hospital da Mariña e no de Monforte, na provincia de Lugo, o novo sistema para realizar as probas do coronavirus aos pacientes desde os seus vehículos sen que teñan que baixarse deles.
Así o informou a Xunta de Galicia nun comunicado, no que explica que este test “só se realizará ás persoas que teñan prescripción facultativa e cita previa“.
Con esta medida, destacan as mesmas fontes sanitarias, preténdese “complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio”, que incrementou a súa demanda nos últimos días. Tamén se aforran equipos de protección individual (EPIs).
Este novo sistema, coordinado e priorizado polo servizo de Medicina Preventiva de cada un dos hospitais, “permite axilizar tempos” e tamén aforrar equipos de protección individual (EPIs), incidiron as mesmas fontes.
Na actualidade na provincia de Lugo este servizo funciona no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e agora esténdese aos comarcais da Mariña e Monforte de Lemos.
TELÉFONOS
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.