Un total de 13.976 empresas en Galicia solicitaron Expedientes de Regulamento Temporal de Emprego (Ertes) desde que se decretou o estado de alarma, cun total de 71.084 traballadores afectados. Na provincia de Lugo, segundo datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria, documentáronse 1.845 solicitudes, que afectarían a un total de 6.285 obreiros.
ERTES | PERSOAS TRABALLADORAS | |
A Coruña | 5.422 | 25.322 |
Lugo | 1.845 | 6.285 |
Ourense | 1.715 | 6.523 |
Pontevedra | 4.576 | 24.564 |
Autonómico | 402 | 8.390 |
Estatal | 16 | s.d. |
TOTAL | 13.976 | 71.084 |
Decathlon, cunha tenda en Ribadeo, notificou aos sindicatos o inicio dun Erte por forza maior para ata 8.886 traballadores tras o peche de todas as súas tendas despois de decretarse o estado de alarma. Ademais da ribadense, na autonomía, Decathlon conta con dez tendas repartidas por: A Coruña (2), Santiago (2), Vigo (2), Oleiros, Ferrol, Lugo e Ourense.
En concreto, este proceso afecta ao 92% do persoal da compañía en España, segundo informaron fontes sindicais. A compañía informou de que o ERTE se aplicará practicamente á totalidade do persoal, quedando exceptuado un mínimo de persoal tanto para o mantemento imprescindible da actividade como da venda ‘en liña‘. Toda a información no Galicia Confidencial.