O Goberno habilitou a apertura dun total de 37 hoteis, balnearios, apartahoteis e outros establecementos similares en Galicia para atender as necesidades de aloxamento e restauración que requira o persoal que traballa na prestación e o mantemento dos servizos esenciais e o transporte de subministracións durante o estado de alarma por mor do coronavirus.
“É necesario garantir a mobilidade daqueles traballadores que teñen que realizar determinados labores e que poidan dispor de aloxamento e comida”, establece a orde do Ministerio de Transportes que o BOE publica este mércores.
En Lugo, habilítase a apertura de Apartamentos Catasol, Apartamentos Cidade de Lugo, Gran Hotel de Lugo e Hotel Darío son os establecementos que poderán abrir na cidade. En Portomarín habilítase a Pousada de Portomarín; en Foz, o Hotel Oca Playa de Foz; e, en Viveiro, Apartamentos Duerming Sexa View.