Do total de pacientes positivos, 69 permanecen na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), 409 están en unidades de hospitalización e 1.120 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 25 altas de pacientes e 30 mortes. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns de 82 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que tiñan patoloxías previas; e a outro home de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tamén tiña patoloxías previas.
No tocante á área de Lugo, hai seis na UCI (un deles no Hospital Público da Mariña), 21 en hospitalización (dous deles no centro hospitalario de Burela) e 72 en domicilio.
O número de probas de reacción en cadea da polimerasa (PCR) realizadas en Galicia é de 7.936. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.