Unha das cousas boas da aparición do coronavirus é o papel que cada un de nós xoga individualmente para o control da epidemia. A responsabilidade de cada un repercute a nivel global e local. Todos coincidimos na trascendencia que ten o que estamos vivindo. Tempos de desconcerto e desconfianza, incluso para as persoas e autoridades nas que os cidadáns depositamos a confianza. Iso fainos iguais, máis ca nunca.
O coronavirus chegou en decembro e revolveu un montón de cousas, nos organismos, nas estruturas, na nosa organización como sociedade, nas administracións e empresas, na forma de informar e de comunicarnos, en moito do que ata agora considerabamos bo ou malo, nas familias, nos individuos, na nosa maneira de vivir.
Continua o Diario de Corentena, bitácora colectiva de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña. Preme abaixo para ler o artigo completo de Ana Belén Fernández.