Contan as profesionais das farmacias que a xente é pouco de reciclar medicinas e, xusto agora, hai xente que vai con fármacos caducados. Outra pasea, ben entrada a tarde, co pan baixo o brazo, como se viñese da panadería. Hai quen alquila cans.
Son algunhas das falcatruadas que fan as persoas para evitar o confinamento por mor do coronavirus. Coméntoas coa Policía Local e dinme que algunhas hai pero que aconsellan, agora máis que nunca, moito ollo con incumprir o confinamento. Din que teñen orde da Policía Nacional de ser “moi estritos”. Agora van pasar na maioría de casos de informar a denunciar; “se as explicacións das persoas non nos convencen, denunciamos”.
Continúa o Diario de Corentena, bitácora colectiva de Xornal de Lemos, Xornal de Lugo e Xornal da Mariña. Preme na ligazón debaixo destas liñas para ver o artigo completo.