IniciosociedadeDous aloxamentos de Ribadeo e un de Burela súmanse aos de garda...

Dous aloxamentos de Ribadeo e un de Burela súmanse aos de garda na Mariña

Son os apartamentos El Pinar e o cámping Rinlo Costa, ademais da pensión Rompeolas

Publicada o

- Advertisement -

Tres instalacións, dúas delas en Ribadeo e outra en Burela, súmanse aos aloxamentos de Viveiro e Foz dispoñibles para acoller a persoas que poidan verse afectadas polo peche dos hoteis decretado polo Goberno central con motivo do estado de alarma por mor do coronavirus.

Trátanse dos apartamentos El Pinar (Ribadeo) e o cámping Rinlo Costa, ademais da pensión de Burela Rompeolas.

Segundo confirmou a Xunta de Galicia, tamén hai aloxamentos dispoñibles en Lugo cidade (2), Monforte de Lemos (2), Vilalba, Sarria e Portomarín.

Poderán beneficiarse da apertura traballadores desprazados con residencia noutros lugares que estean a prestar servizos esenciais, como persoal sanitario ou de residencias, operarios de obras públicas, colectivos en situacións de especial vulnerabilidade social como persoas sen fogar ou vítimas de violencia de xénero e, finalmente, cidadáns en tránsito.

Na web da Xunta e de Turismo de Galicia podes acceder ao listado completo por cada provincia, que se actualiza en función das circunstancias. Para a xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento, están dispoñibles o teléfono 986.44.70.60 e o enderezo mice@abramar.com da empresa especializada Viajes Abramar, encargada de dar soporte nestas semanas á demanda aloxativa.

Aloxamentos de Foz e Viveiro acollerán transportistas, sanitarios e militares

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...