Nin o coronavirus pode co Domingo das Tortillas en Viveiro

Aínda que non poideron saír ao campo como manda unha tradición que se remonta á Idade Media, os viveirenses celebraron na casa o día de San Lázaro

Tortilla de pemento. AXM

Viveiro celebrou o popular ‘Domingo das Tortillas‘, unha singular tradición que se remonta á Idade Media e coa que non puido o confinamento obrigado por mor do coronavirus.

Unha viveirense nacida nos anos 30 resumía así a celebración: O dia das tortillas ven a ser o dia de San Lázaro, antes de domingo de Ramos. Pois onde se facía unha tortilla e a comiamos no campo. Antes pouco máis había que unha tortilla. Despois xa nos iamos facendo uns buñuelos, un “cake”… (…) Pasabámolo moi ben, era una festa típica de Viveiro. Inda hoxe se fai. Pero non íamos a “playa”, íamos todos ao campo”.

 


Ducias de viveirenses amosaron nas redes sociais as súas receitas e festexaron unha singular tradición que, desta volta, non puido ser no campo, como se acostuma para recibir a primavera, pero que adquiriu se cabe un maior simbolismo: o da pequena resistencia de non perder as costumes malia a adversidade.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here