O Concello de Viveiro puxo en marcha a proposta do BNG unha iniciativa para a confección de máscaras por parte de voluntarios e voluntarias grazas ao material doado por Alcoa e África Copias.
O goberno local expón que concelleira nacionalista, Miriam Bermúdez, púxose en contacto coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, para plantexar esta proposta e solicitar a colaboración necesaria para a súa execución.
Desde o concello realizáronxe as xestións necesarias con Alcoa e África Copias para conseguir a doazón do material necesario, similar ao utilizado para a confección das máscaras sanitarias. Ademais, deuse traslado desta iniciativa a todos os veceiros municipais, que se implicaron no proxecto e tamén colaboraron na búsqueda de voluntarios e voluntarias.
A día de hoxe hai uns 70 voluntarios que se ofreceron para coser as máscaras; a Escola de Costura Loli Polo colaborará tamén organizando o traballo dos voluntarios, elaborando o patrón e cortando as telas. Publicarase un tutorial no que se explica como se deben coser as máscaras. O persoal de Protección Civil encargarase de entregar este material no domicilio de cada un dos voluntarios e voluntarias, e de recoller as máscaras elaboradas, adoptando as medidas de seguridade necesarias para evitar contaxios.
O Concello xestionará o uso das máscaras que se confeccionen, que serán distribuídas entre persoal municipal, as dúas residencias de maiores do municipio e persoal de axuda a domicilio, por tratarse dun material que comeza a ser deficitario entre estes colectivos. Se algunha persoa quere sumarse a esta iniciativa debe chamar ao número de teléfono 647.639.033.
Desde o executivo municipal agradecen a todos os participantes a colaboración e tamén a proposta á voceira do Bloque, que remarca que “nunha situación tan adversa como esta temos que ser quen de traballar cóbado con cóbado, de aportar e saber sumar”, concluíu Bermúdez.
CERVO AGRADECE ÁS OBREIRAS QUE COIDAN DE MAIORES
O Concello de Cervo resalta que 14 auxiliares de Axuda no Fogar asisten a diario a veciños especialmente vulnerables. “O persoal do centro de Día Residencia está a facer tamén un esforzo sen precedentes que temos que poñer en valor; tanto no coidado e protección dos usuarios, como no seu afán por mantelos conectados a diario coas súas familias por vía telemática. Tamén queremos recordar o labor que desempeñan varias veciñas voluntarias, que xa levan confeccionadas máis dun milleiro de máscaras coas súas propias mans, con material doado por Alcoa”, conclúe o goberno municipal.
MONDOÑEDO ABRE OS VESTIARIOS DE VIÑAS DA VEIGA PARA OS TRANSPORTISTAS
O Concello de Mondoñedo ofrecerá dende este luns as duchas e vestiarios das piscinas municipais do Complexo Deportivo Viñas da Veiga, para que poidan ser usadas polos profesionais do transporte. O goberno local pretende que a mindoniense sexa unha área idónea de descanso e de utilidade para estes traballadores. O citado complexo dispón dunha ampla zona de estacionamento.
Os interesados en utilizar os citados servizos deberán contactar cos seguintes teléfonos: 982.524.003 ou 629.469.561.
Os horarios de uso das citadas instalacións do Concello de Mondoñedo serán os seguintes: mañás, de 9.00 a 13.00 horas; tardes, de 18.00 a 21.00 horas.
A localización do Complexo Deportivo Viñas da Veiga é a seguinte: Coordenadas GPS, Latitude: 43.433937072754; Lonxitude: -7.3575139045715.
DESINFECCIÓN DAS RESIDENCIAS DE TRABADA E RIBADEO
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, informa de que este luns comezaron os traballos de limpeza e desinfección con carácter preventivo que se realizan nos catro centros de atención a maiores da Deputación de Lugo, situados nos concellos de Pol, Trabada, Ribadeo e A Fonsagrada.