IniciosociedadeContinúa o aumento de ingresados con coronavirus na Mariña, con 14 en...

Continúa o aumento de ingresados con coronavirus na Mariña, con 14 en planta e catro na Uci

O número de positivos na provincia ascende a 289, mentres que os casos documentados que permanecen en illamento domiciliario multiplicouse por 2,35 desde o pasado venres

Publicada o

- Advertisement -

O número de persoas ingresadas con coronavirus no Hospital Público da Mariña continúa en aumento. Segundo datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este luns, 14 persoas con Covid-19 confirmado permanecen en unidades de hospitalización -catro máis có pasado domingo-, mentres que catro fican na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) de Burela, un máis có día 29.

Na provincia de Lugo, o número de casos aumentou a 289 (45 máis con respecto ao pasado luns). Once deles están na Uci, os outros sete no Hospital Universitario Lucus Augusti. En hospitalización, ademais dos mencionados casos da Mariña, hai outros 43; sete deles en Monforte, un no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA.

No tocante aos infectados en domicilio, o número segue medrando. Hai 221 positivos computados, 41 máis có pasado luns e 127 máis có pasado venres. Ademais rexistráronse sete falecementos e doce altas.

79 MORTES EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.476, deles 807 son da área da Coruña, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos. Os ultimos falecementos corresponden a unha muller de 86 anos, e dous varóns de 89 e 79, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

O número de PCR realizadas é de 16.118.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...