“Esta mañá vin a viñeta que publicou onte Flavita Banana en El País sobre os pelos que non se arrincarán durante estas semanas ao sentírmonos libres da mirada axuizadora da sociedade. Se cadra así aprendemos a distinguir entre aquelas cousas que faciamos por coidado propio e as outras que faciamos por cumprir co establecido, di ela.
O beneplácito alleo condiciónanos a niveis impensables no noso día a día. Cantas cousas deixamos de facer polo que poidan pensar os demais? Este período de confinamento preséntase como unha oportunidade para sacar espiñas que tiñamos cravadas. Hai quen por fin se decidiu a tinguir o pelo de laranxa, outros probaron a deixar caer o floco pola fronte, outros a raparse”.
Continúa o Diario de Corentena, bitácora colectiva de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña.