A Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa) de Ribadeo organiza, en colaboración co Concello e a Xunta de Galicia, a quinta edición do Mercado de Rúa, que se celebrará os días 25 e 26 de agosto. Participarán na iniciativa 22 establecementos.
O colectivo de comerciantes pretende con esta iniciativa “potenciar as ventas antes de rematar o verán. As tendas aproveitan para sacar os stocks de fóra de tempada e tamén presentan os avances do vindeiro outono-inverno. É unha actividade que gusta tanto a empresarios como a clientes”, asegura a directiva.
DESCONTOS
O presidente da Acisa, Francisco Iriarte, salienta que “será unha boa ocasión para atopar artigos con interesantes descontos”.
Os 22 comercios participantes no V Mercado de Rúa son: Opticalia Ribadeo, La Moda Hombre, Joyería Azabache, Anais, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Sanjurjo Moda, Mercería Julia, R23, Gutié, Farfala, Bis a Bis, Mika, Saia, Glass, Naná, Coco, Jatay, Marcelota, Bodegas Ribeirao, Folder e Adele.
GUATEQUE
Acisa e o Concello de Ribadeo colaboran coa comisión do Entroido na organización do Guateque dos anos 60 e 70 que se celebrará o vindeiro sábado, 25 de agosto, a partir das 20.00 horas no parque de San Francisco.
A cita incluirá degustación gastronómica de tortilla, empanada, bolos preñados e doces caseiros e estará amenizada con música dos anos 60 e 70.