IniciosociedadeO número de ingresados con coronavirus na Mariña segue en aumento, cun...

O número de ingresados con coronavirus na Mariña segue en aumento, cun total de 23

Hai catro pacientes na UCI e 19 en planta, tres máis có pasado mércores; unha nova morte no HULA aumenta a 11 os falecidos na provincia

Publicada o

- Advertisement -

O número de ingresados con coronavirus no Hospital Público da Mariña continúa en aumento. Segundo os datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este mediodía, 23 persoas con positivo permanecen no centro hospitalario de Burela. Catro delas están na Unidade de Coidados Intensivos (Uci), un número que non varía desde o pasado mércores, e 19 en unidades de hospitalización ou plantas, o que supón un incremento de tres persoas.

Estes datos refírense a aqueles pacientes que teñen unha diagnose confirmada a partir da proba da reacción en cadea da polimerase (PCR), polo que doentes que estean pendentes do resultado proba en hospitalización, cos síntomas habituais do coronavirus, non son contabilizados nesta estatística.

Na provincia de Lugo, documéntanse 63 casos máis có pasado día 1 de abril, para un total de 521. Deles, doce están na UCI -os outros oito no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)- e 79 en hospitalización -once en Monforte e 49 no HULA-.

A diferenza márcana de novo os casos documentados en domicilio, con 63 máis, para un total de 430. Unha persoa faleceu no HULA, co que o número de mortes na provincia aumenta a once.

130 PASAMENTOS EN GALICIA

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.379, deles 954 son da área da Coruña, 660 da de Ourense, 393 da de Pontevedra, 1.018 da área de Vigo, 591 da de Santiago, e 243 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 165 permanecen en Uci, 819 están en unidades de hospitalización e 3.395 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 333 altas de pacientes e 130 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 21.360.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...