Jesús López, ‘Suso’, para os amigos, é repartidor de peixe de martes a venres e músico as fins de semana e os festivos. Como moitos de nós, leva o confinamento polo coronavirus con resignación ou, como me di a min, “con paciencia e un pouco de optimismo”. A verdade é que a situación actual prexudica ás dúas actividades profesionais ás que se dedica, o reparto de peixe polas aldeas e as súas actuacións co ‘Dúo Paradaisse’.
“Eu tíveno claro dende o principio, prefiro parar aínda que perda, pola seguridade dos demais. O peixe pasa por moitas mans, nunca se sabe se podes contaxiar a alguén”, engade. Neste punto pregúntolle como o tomou a xente á que lle repartía e dime, emocionado, “chamoume a feito a primeira semana, para saber porque non repartía e preguntándome se estaba ben”. No tocante á súa actividade como músico, tras un gran ano no 2019 o 2020 presúmese malo: “non podemos nin ensaiar”, resalta.
Preme abaixo para coñecer a súa historia nunha nova entrega do Diario de corentena, bitácora colectiva do Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.
Diario de corentena: o caso de Suso, repartidor de peixe no rural e músico