IniciosociedadeMantense en 23 o número de ingresados con coronavirus no Hospital, con...

Mantense en 23 o número de ingresados con coronavirus no Hospital, con cinco na Uci

Segundo fontes do Sergas, hai outros tres casos con síntomas compatibles e pendentes do resultado das probas

Publicada o

- Advertisement -

O número de pacientes con coronavirus mantense estable no Hospital Público da Mariña, con 23 ingresados, cinco deles na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e os outros 18 en planta, segundo confirmou o Servizo Galego de Saúde (Sergas). A estatística oficial non recolle aquelas persoas ingresadas con síntomas compatibles cos do virus e pendentes da confirmación da proba da reacción en cadea da polimerase (PCR). Segundo fontes do Sergas, hai tres pacientes máis nesta situación que permanecen en unidades de hospitalización.

Os cinco casos na Uci ocupan xa máis da metade das camas reservadas en principio para doentes de coronavirus na unidade de vixilancia intensiva da Mariña, sete, aínda que a capacidade da unidade ascende a 13 e non a sete, como por erro publicou o Xornal da Mariña; esta sería a dotación reservada para a contención da epidemia.

MENOS CASOS A NIVEL PROVINCIAL

A nivel provincial, este venres documentouse un lixeiro incremento dos casos, menor que en xornadas anteriores. A estatística oficial rexistra 533 casos activos, 12 máis có pasado día 2. Doce permanecen en Uci -os outros sete no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)-.

No tocante ás unidades de hospitalización, hai 81 persoas, dúas máis có pasado xoves, 52 no HULA e once en Monforte. A domicilio, permanecen en illamento 440 persoas, dez máis.

A nivel autonómico, na última actualización ofrecida pola Consellería de Sanidade, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.635; deles 990 son da área da Coruña, 694 da de Ourense, 425 da de Pontevedra, 1.049 da área de Vigo, 675 da de Santiago, e 269 da de FerrolHoubo 435 altas de pacientes e 149 falecementos. O número de PCR realizadas é de 23.324.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...