IniciosociedadeDiario de corentena: cumpreanos no confinamento

Diario de corentena: cumpreanos no confinamento

Aos Piscis tardíos e aos Aries non se lles vai esquecer o aniversario deste 2020 no que se ven obrigados a soprar as candeas no encerro das súas casas

Publicada o

- Advertisement -

Aos Piscis tardíos e aos Aries non se lles vai esquecer o aniversario deste 2020 no que se ven obrigados a soprar as candeas confinados nas súas casas. Moitos sen ningún amigo ou familiar a carón. Cantas veces soaría o ‘Cumpreanos feliz’ por videochamada nestes días raros? Vernos as caras a través das pantallas é o máis parecido que temos a aquelas apertas e tiróns de orellas que se estilaban antes da tempada de primavera.

Agora a moda é que os axentes da Garda Civil ou da Policía acudan ás casas dos nenos que se fan maiores para darlles os parabéns e un pequeno agasallo. A corentena empúrranos a pospoñer celebracións, a aprazar bicos e a idear outras formas de sacarlle un sorriso a esa persoa que suma un ano máis de vida. Ao final, a mellor felicitación é esa que che manda o afillado nun vídeo no que preme as teclas do piano amodiño para que soe a melodía do ‘Parabéns para ti’ máis doce do mundo.

E a ti, que se cadra non vives a tantos quilómetros do pequeno, senón só a uns metros máis abaixo na mesma aldea, xa che queceu a alma.

Preme abaixo para ler o artigo completo de Silvia López, unha nova entrega do Diario de Corentena, bitácora colectiva de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña.

Día 20 de corentena: aniversarios para non esquecer

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...