O número de ingresados con coronavirus no Hospital da Mariña, estable por terceiro día

Catro dos pacientes están na Uci, un menos ca o pasado venres, e outros 19 en hospitalización

Hospital Público da Mariña. AXM

O número de ingresados no Hospital Público da Mariña por coronavirus mantense en 23 persoas segundo a estatística oficial ofrecida polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) no mediodía deste sábado, malia rexistrárense as primeiras altas no centro hospitalario de Burela, con dúas persoas que volveron á casa na tarde do pasado venres.

O número de casos na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) da Mariña Lucense reduciuse de cinco a catro, mentres que permanecen en planta 19 persoas infectadas.

A nivel provincial documentáronse 558 casos activos, 25 máis có pasado venres. Trece están na UCI -os outros nove no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)-. 87 dos infectados están en hospitalización, seis máis ca o pasado día 3 -11 en Monforte, nove no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-.

No tocante aos positivos en domicilio, o número segue aumentando, pero a menor ritmo que en xornadas anteriores. Están rexistrados 458, 18 máis.

168 FALECEMENTOS EN GALICIA

En Galicia, segundo a última actualización, o número de casos de coronavirus ascende a 4.926; deles, 1.029 son da área da Coruña, 875 da de Ourense, 432 da de Pontevedra, 1.055 da área de Vigo, 694 da de Santiago, e 283 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 177 permanecen en UCI, 891 están en unidades de hospitalización e 3.858 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 531 altas de pacientes e 168 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 25.842.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here