“Tres semanas xa! Difícil de dixerir porque non estabamos afeitos. E nunca pensamos chegar a isto. Nin o 8 de marzo cos campos de fútbol cheos consideramos o que viña. Si, xa sabemos, había tres iluminados que nos advertiron. Sempre os hai. Seguro que tamén fixeron a predición contraria. Por ser previsores e ter as costas ben cubertas.
Pero, agoreiros á marxe, vexamos o positivo, que o hai, desta situación. Podemos pasar o tempo que sempre lle debiamos á familia, pero nunca tiñamos. Atopamos na casa aquelas cousas que criamos perdidas e que nos fan pensar no que fomos. Facemos aquela chamada telefónica que tiñamos pendente e sempre fomos deixando, descubrimos cousas, como o cobertor do microondas, que non sabiamos que existían… Elementos pequenos que, ben mirados, son grandes na medida en que nos reconcilian coa vida que tiñamos agochada.
Se somos quen de vencer a ansiedade e de tomarnos un respiro, saberemos valorar a parte boa da experiencia que estamos a vivir. Porque do que non hai dúbida é de que estamos ante algo único e agardemos que irrepetible“.
Preme abaixo para ler o texto completo de Andrés Pavón, nunha nova entrega do Diario de Corentena, bitácora colectiva de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.