O párroco de Xove: “non poder estar cos seres queridos nos momentos finais aumenta a dor”

A necesidade de illamento para evitar contaxios provoca que só un puñado de asistentes poidan asistir aos enterros e unha sensación de angustia entre as familias

Igrexa de San Bartolo de Xove. AXM

Juan é o cura da parroquia de Xove, no concello do mesmo nome. Conta como afectan aos enterros os rigores da corentena imposta para frear o coronavirus. “Tiven un enterro baixo as novas medidas o pasado 30 de marzo e alí só estabamos o persoal funerario, tres persoas da familia e eu”.

O sacerdote comenta que “os máis achegados tamén entenden a situación. Nese caso foron avisados pola mañá de que non podían ir ao tanatorio”, di ao subliñar o duro trance que para unha familia supón non velar ao seu ser querido.

A separación dun familiar é habitualmente complicada, pero o párroco explica que neste tipo de situacións “aumenta máis a dor por non poderen pasar xuntos os momentos de dó e de despedida, é difícil”. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here