A neurocientífica Sonia Villapol (Bretoña–A Pastoriza) traballa no laboratorio dun hospital de Houston pioneiro nas transfusións de plasma. Cos ollos postos nesta beira do Atlántico, a especialista confía en que “a curva está a piques de baixar”, pero cre que o coronavirus vai revolucionar o mundo enteiro en todas as súas vertentes. “Cando remate isto, as aldeas galegas volverán repoboarse“, aposta. Mentres, insiste na importancia de extremar as precaucións e avoga polo uso da máscara en público.
“Non existen expertos no coronavirus, porque é unha enfermidade nova. Nin sequera os virólogos teñen moito que ofrecer, porque todos os síntomas necesitan ser estudados e iso ten que facerse dende distintos campos científicos”, afirma. Podes ler a entrevista completa no LugoXornal premendo nesta ligazón.