IniciosociedadeSeis novas altas no Hospital da Mariña reducen a 16 o número...

Seis novas altas no Hospital da Mariña reducen a 16 o número de ingresados con coronavirus

Catro doentes permanecen na Uci e outros doce, seis menos có pasado martes, en planta

Publicada o

- Advertisement -

A presión asistencial no Hospital Público da Mariña por mor do coronavirus diminuíu nos últimos días, ao documentar o Servizo Galego de Saúde (Sergas) un total de 16 persoas hospitalizadas, por 22 contabilizadas o pasado martes.

Permanecen catro pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci), o mesmo dato ofrecido o pasado día 7 de marzo, pero producíronse seis altas de doentes en unidades de hospitalización, baixando o número de persoas en planta a doce.

En principio non houbo ao longo dos últimos días novos ingresos con positivo, aínda que cabe lembrar que na estatística oficial non se documentan aquelas persoas que estean ingresadas con síntomas compatibles co virus, á espera da confirmación dos resultados das probas.

Dos 566 positivos documentados provincia, 15 fican na Uci -os outros once no HULA– e 55 en hospitalización, dez menos ca onte (doce na Mariña, sete no Hospital Público de Monforte, oito no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA). Documentáronse 496 casos en domicilio (13 máis có martes).

A nivel galego, o número de falecementos aumentou a 278, e o número de positivos ascende a 5.460.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...