IniciosociedadeCincuenta voluntarias de Burela fabricaron 3.000 máscaras para obreiros de sectores esenciais

Cincuenta voluntarias de Burela fabricaron 3.000 máscaras para obreiros de sectores esenciais

Os elementos de protección, complementarios á hixiene de mans e medidas de seguridade, servirán a supermercados, farmacias, talleres, gasolineiras, estancos ou no porto

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 50 persoas elaboraron en Burela 3.000 mascariñas caseiras que o Concello repartiu entre empresas de alimentación, farmacias, talleres, gasolineiras, estancos e o porto. O departamento de Servizos Sociais do goberno local coordina o movemento popular de fabricación destes elementos de protección.

A edil burelá Carmela López explicou que “temos dous equipos en marcha. Hai dúas coordinadoras que xestionan dous equipos de 25 costureiras aproximadamente cada un deles. En total fixéronse ata o momento 3.000 mascariñas, que foron repartidas con advertencias de uso para deixar claro que se trata dun complemento, e que o máis importante é manter as distancias de seguridade e ter unha correcta hixiene das mans. O material foi doado por empresas e particulares nun 60%, aos que lles queremos agradecer a súa achega, e nun 40% polo Concello”.

DESDE O GOBERNO CONVIDAN A SOLICITALAS

A concelleira de Servizos Sociais contou que “o taller de fabricación continúa en pé. Hai particulares que nos chaman para solicitar mascarillas, pero o noso obxectivo principal é surtir a aqueles que teñan que saír aos seus postos de traballo e cubrilos mentres que o mercado non poida provelos doutras opcións, polo que se non conseguiron contactar con algunha empresa, convidámolos a que chamen ao Concello para facer a súa petición”.

Ao longo do estado de alarma por mor do coronavirus o Concello procedeu á compra de diferente material nos negocios de Burela como buzos enteiros, calzas, cubre cabezas, guantes, máscaras protectoras, xel antiséptico, gafas protectoras, mandís de plástico, bolsas de lixo, plásticos, goma e láminas de acetato para construír máscaras.

DOAZÓNS DE MATERIAL

A edil burelesa sinalou que “desde o Concello de Burela interesámonos polo material do que dispoñían aquelas empresas e organismos que máis o precisaban e seguímolo facendo, doando todo o que está nas nosas mans, tanto do material adquirido polo Concello como do que imos recibindo da Xunta de Galicia a través das peticións cursadas á Fegamp“.

“Comezamos doando máscaras de protección, mandís de plástico e gafas de protección ao Hospital da Mariña, xa que era o que se estaba a empregar en Madrid, por se aquí chegaba o momento de ter que utilizalo. Fixemos doazón de material do Concello a entidades como a Funeraria A Mariña, Garda Civil, Notaría, a empresas como Geseco (limpeza exterior), Idade de Ouro (servizo de axuda ao fogar), CLN (limpeza interior) a Cáritas ou ao Centro San Aníbal. E tamén recibimos nós doazón de material de empresas locais como Caprichos ou Tierra Animal, aos cales lles queremos agradecer a súa colaboración”.

PROGRAMA AXUDÁMOSCHE

López expón que ‘Axudámosche‘, o servizo telefónico (982.58.13.13) para axudar coas compras de alimentos e medicamentos ás familias vulnerables, realiza unha media de “dous servizos diarios“. “Para xestionar isto, temos un retén 24 horas ao teléfono (Protección Civil) e dous equipos: un de técnicos que xestionan o funcionamento e un de traballadores municipais que desenrolan o rol de voluntarios para facer o servizo”.

REPARTO DE ALIMENTOS

No tocante ás situacións de emerxencia social, que requiren de axudas directas para a compra de alimentos ou bens de primeira necesidade a familias en risco de exclusión social, ou a impresión de tarefas escolares, ademais de hospedaxe para persoas sen teito, López sinala que hai “55 familias beneficiarias, que recibiron un lote de produtos na porta dos seus fogares, do Fondo de Axuda Europea”. Un reparto que se completa co Banco de Alimentos local.

O PP PIDE AO CONCELLO AXUDAS PARA O COMERCIO

O voceiro do PP burelao, Manuel Rouco, lamentou que “nada coñecemos das actuacións que ten previsto aplicar o Concello en materia de axuda ao tecido comercial, vía axudas ou exención do pago de certos impostos e taxas públicos, e en materia de emerxencia social. E tampouco temos resposta a unha petición de información que formulamos por escrito en relación co Covid-19, na que solicitabamos copia da documentación acreditativa, da recepción de EPIs por parte do Concello de Burela durante o estado de alarma xerado pola crise sanitaria e do reparto deses EPIs por parte do mesmo”.

“A día de hoxe, levamos dende o pasado 25 de marzo, ou sexa, dende hai dúas semanas, sen reunións do comité de seguimento da crise do Covid-19, sen que se nos transmita información de ningún tipo sobre o que se fixo nestes últimos días, nin sobre o que está previsto facer”, critica Rouco.

VIVEIRO

O PP PIDE HABILITAR WIFI GRATIS AOS ESTUDANTES

O grupo municipal do PP propuxo ao goberno de Viveiro que o Concello facilite aos estudantes residentes no municipio que o precisen conexión a Internet para que poidan manter a súa actividade en contactos telemáticos cos seus respectivos centros e profesores.

O voceiro popular, Óscar Rodríguez, di que facilitar conexión a Internet a todos os estudantes de Viveiro que o precisen “non é un gasto inasumible polo Concello, nin unha xestión que requira longos prazos. Hai fórmulas moi sinxelas para  poñer en práctica esta medida”, sostén o portavoz dos conservadores viveirenses, “que poden ser resoltas en moi breve prazo e con custe moi moderado. Esta iniciativa foi exposta o pasado venres no transcurso da reunión telemática celebrada polos portavoces municipais”, sinala.

GANDERÍA

A Consellería de Medio Rural e os servizos deste departamento autonómico na Delegación territorial en Lugo reciben moitas chamadas preguntando se está ou non autorizada a alimentación de animais que se atopan en vivendas secundarias.

“Unha das dúbidas máis reiteradas é si pode unha persoa desprazarse para atender animais que se atopan en vivendas secundarias. Isto supón unha situación de necesidade polo que, efectivamente, están permitidos os desprazamentos para salvagardar o benestar dos devanditos animais.

PREGUNTAS FRECUENTES

Cabe lembrar a necesidade de que afrontemos a situación de emerxencia con responsabilidade, facendo os desprazamentos mínimos e imprescindibles, e atendendo sempre ás recomendacións e obrigas ditadas polas autoridades sanitarias”, comunican desde o Goberno autonómico.

Podes consultar nesta ligazón o listado de preguntas frecuentes que está dispoñible na web de Medio Rural.

XUNTA

REPARTO DE MATERIAL NOS CENTROS DE ASISTENCIA SOCIAL

A Xunta de Galicia formalizou no día de hoxe un segundo reparto de material de protección co obxectivo de atender as necesidades de todas as residencias da provincia.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que con este segundo envío o Goberno galego ten distribuído 42.025 unidades de equipos individuais de protección (EPIs) e outro material de limpeza en 26 centros de asistencia social da Mariña, situados nos concellos de Alfoz, Burela, Cervo, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, Viveiro e Xove, e tamén no municipio de Riotorto

DOCE CONCELLOS BENEFICIARIOS

En concreto, indica a Xunta, os centros da zona teñen recibido 15.900 guantes, 24.200 mascarillas cirúrxicas, 292 mascarillas FFP2, 253 batas e outros tantos mandís, 72 pantallas oculares, 200 gorros, 500 calzas e, xa no ámbito do material de desinfección, 163 botes de xel hidroalcohólico e 192 garrafas desinfectantes.

DEPUTACIÓN

ADIANTO DE ONCE MILLÓNS AOS CONCELLOS QUE TEÑEN DELEGADO O COBRO DE IMPOSTOS

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, informou de que a institución transferirá, aos concellos que teñen delegado o cobro de impostos, os pagos mensuais previstos correspondentes aos meses de abril, maio e xuño, o que supoñerá unha inxección de preto de once millóns nas arcas municipais.

A decisión adoptada axudará a que os 63 municipios adheridos ao servizo provincial de xestión de impostos, o 94% de todos os da provincia, “dispoñan de maior liquidez para facer fronte ao novo escenario de prioridades e necesidades provocado pola crise sanitaria do coronavirus, permitíndolles por exemplo asumir gastos imprevistos de material sanitario ou medidas sociais, e garantir os pagos a empresas e provedores”, explicou Tomé, quen subliña que este adianto dos pagos de tres meses supón “un gran esforzo de tesourería por parte da Deputación Provincial de Lugo”.

63 MUNICIPIOS

As taxas delegadas son o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana, rústica e características especiais (IBI) e o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...