IniciosociedadeO número de ingresados na Mariña con coronavirus segue a minguar, con...

O número de ingresados na Mariña con coronavirus segue a minguar, con doce hospitalizados

Mantense estable a cifra de pacientes na Uci, catro, pero a presión asistencial baixa en planta de doce a oito doentes

Publicada o

- Advertisement -

O número de ingresados con positivo por coronavirus no Hospital Público da Mariña segue a baixar, segundo a estatística oficial ofrecida este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Os casos confirmados hospitalizados baixaron en Burela dos 23 documentados o pasado día 5 aos doce do último reconto.

Dos doce ingresados na Mariña, o número de pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) permanece estable, con catro; hai oito en planta ou unidades de hospitalización, catro doentes menos có pasado mercores.

Cabe lembrar que neste cómputo non se recollen os casos daquelas persoas que ingresaron con síntomas compatibles cos do coronavirus, pero permanecen á espera do resultado das probas.

A nivel provincial produciuse un descenso dos casos activos, con 563 positivos computados polos 566 contabilizados o pasado mércores. Destes 563 casos, 13 están na Uci -os outros nove no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)-. Outros 52 pacientes permanecen en hospitalización -oito na Mariña, seis en Monforte, dez no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-.

No tocante aos positivos en domicilio, o crecemento é pouco significativo, con dous casos máis respecto do pasado mércores, para un total de 498.

297 MORTES EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.551, deles 1.148 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 1.041 da de Ourense, 470 da de Pontevedra, 1.069 da área de Vigo, 939 da de Santiago, e 321 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 154 permanecen en Uci, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 910 altas de pacientes e 297 falecementos. O número de PCR realizadas é de 36.799.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...