IniciosociedadeAs probas chegan ás residencias de Mondoñedo e Burela

As probas chegan ás residencias de Mondoñedo e Burela

Por agora non trascenderon novos positivos nos xeriátricos da Mariña, cun traballador curado no centro de maiores de Foz

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade ofreceu este mediodía os datos dos positivos por coronavirus nas residencias da Mariña Lucense, cunha única variación, a da alta dun traballador no centro de maiores de Foz. Permanecen activos cinco positivos de usuarios do xeriátrico focego -tres deles tratados na residencia Porta do Camiño de Santiago-, onde se lle fixeron as probas a todos os empregados e residentes, e seis de obreiros.

Tamén se realizaron tests a todos os maiores e empregados da residencia Betania, onde hai tres usuarios afectados, un deles desprazado a Santiago. Outros dous positivos foron documentados na vivenda comunitaria privada Mirador del Eo. Unha destas persoas foi dada de alta despois de semanas en hospitalización.

Finalmente, na residencia de maiores de Burela detectáronse dous casos de traballadores infectados, e no xeriátrico San Rafael de Mondoñedo documentouse outro. Nestes dous centros están a realizarse probas a todos os usuarios e empregados a fin de comprobar se houbo algún contaxio e dar tranquilidade ás familias.

En Mondoñedo as probas realizáronse na mañá deste sábado, tanto no Hospital de San Pablo como na residencia de San Rafael, mentres que os tests comezaron en Burela o pasado venres e seguirán a principios da vindeira semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...