Estudantes de distintos niveis educativos admiten “preocupación” polas consecuencias que, no seu caso, está a ter a crise sanitaria do coronavirus polo que avogan por “flexibilizar” o nivel de esixencia este curso. Os que se mostran máis preocupados son os que cursan o último ano de Bacharelato, ante o reto das probas ABAU, a antiga Selectividade. “Xogámonos moito”, coinciden, lamentando a falta de “pautas claras”.
“É difícil resolver dúbidas que che poidan xurdir”, expón unha estudante de Formación Profesional (FP) en liña co exposto por outros alumnos sobre a educación telemática. A iso, suma a súa preocupación polas prácticas. “Non poder adquirir a habilidade necesaria para o ano que vén e para un futuro nunha empresa”, engade. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.