IniciosociedadeDiario de corentena: a volta á casa en 80 horas

Diario de corentena: a volta á casa en 80 horas

O xoves montei no coche e afasteime do escritorio; collín a primeira saída, dirección aira, unha zona de costa —de costa arriba, digo— perfecta para desconectar

Publicada o

- Advertisement -

“Nestes días festivos de Semana Santa marchei de viaxe: dei a volta á casa en oitenta horas. O xoves á tardiña montei no coche de San Fernando e funme afastando do escritorio, sen mirar polo retrovisor.

Na miña casa, como no tramo Nadela-Monforte, non se desdobrou o corredor. Aquí non hai moito tráfico, pero ás veces bates con outros viaxeiros de fronte. Hai que ir cos ollos ben abertos e a lámpada do teito acesa. Collín a primeira saída, dirección aira. É unha zona de costa —de costa arriba, digo— perfecta para desconectar. Nesta época do ano, en circunstancias normais, había estar máis concorrida, pero atopeina case deserta. Chovía. Xa volvería outro día”.

Preme na ligazón debaixo destas liñas para ler unha nova entrega do Diario de Corentena, bitácora colectiva de Lugo Xornal, Xornal de Lemos e Xornal da Mariña.

Día 29 de corentena: a volta á casa en oitenta horas

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...