IniciosociedadeDous pacientes con coronavirus reciben a alta na Uci da Mariña

Dous pacientes con coronavirus reciben a alta na Uci da Mariña

Trátanse dunha enfermeira do centro hospitalario de Burela, veciña de Mondoñedo, e dun varón

Publicada o

- Advertisement -

No mediodía deste luns déronse as primeiras altas de pacientes con coronavirus ingresados na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital Público da Mariña. Estas dúas persoas foron trasladadas a planta para seguir coa súa recuperación. Trátanse dunha enfermeira do centro hospitalario de Burela, veciña de Mondoñedo, e dun varón.

Así o avanzou esta tarde Cope de la Costa, nunha información que confirmaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Segundo o reconto oficial ofrecido no mediodía deste luns, con datos de última hora do pasado domingo, permanecían na Uci catro persoas -un número que se mantiña desde oito días atrás- e cinco en planta.

Deste xeito, o número de ingresados en camas de críticos baixa a dous pacientes, os mesmos que gañan as unidades de hospitalización, sen ter en conta as novidades -por ingresos, altas ou confirmacións de casos considerados “probables”- que se poidesen producir ao longo desta tarde.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...