Un pesqueiro de bandeira francesa, confinado en Burela tras un positivo na tripulación

Outros quince mariñeiros están á espera da realización de probas para descartar contaxios

O pesqueiro 'Carla'. FISHING VESSEL

A tripulación dun barco pesqueiro de bandeira francesa viuse obrigada a confinarse a bordo no porto de Burela (Lugo), despois de que un dos mariñeiros dera positivo nas probas de coronavirus.

Segundo informan fontes da Garda Civil, o pesqueiro ‘Carla‘ conta con 16 tripulantes. Así, 15 deles están “á espera das probas que van facer as autoridades médicas” e en principio quedarán no peirao mentres “non exista un criterio en contra por parte das autoridades sanitarias”.

Pola súa banda, o patrón maior burelao, Basilio Otero, explica que o barco “faena en Burela, pero é francés” e non forma parte da confraría de pescadores. Fontes da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) Lugo concretaron que o armador é de Cudillero, Asturias. O pesqueiro chegou “a primeira hora” deste martes a porto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here