IniciosociedadeAprobado case xeral e aulas de reforzo voluntarias en verán, acordos a...

Aprobado case xeral e aulas de reforzo voluntarias en verán, acordos a nivel estatal en Educación

A repetición do alumnado será unha medida excepcional que terá que estar argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación

Publicada o

- Advertisement -

Aprobado case xeral e apertura dos centros en verán. Son parte das propostas pactadas entre a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, cos conselleiros autonómicos na reunión telemática celebrada este mércores para planificar o que resta de curso ante a pandemia do coronavirus.

Ademais, a promoción do alumnado será a tónica primordial para o final do curso no sistema educativo, aínda que haberá nota e avaliación final no terceiro trimestre, que quedará en mans das comunidades autónomas. Neste sentido, a repetición do alumnado será unha medida excepcional que terá que estar argumentada e acompañada dun plan preciso de recuperación.

O Goberno e as comunidades autónomas acordaron este mércores, ademais, que os colexios poidan abrir en verán para ofrecer clases de reforzo voluntarias aos estudantes con problemas para seguir a educación a distancia durante o confinamento. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...