As tropas normandas instálanse en Foz

A localidade mariñá celebra a oitava edición da Festa Normanda, que recrea a resistencia da vila aos ataques viquingos

Música de tambores no recinto normando. AXM

Di a lenda que o pobo de Foz resistiu un dos ataques normandos ao Reino de Galicia grazas á milagre de san Gonzalo. As oracións do bispo fixeron que se levantara unha tempestade e a flota nórdica naufragase. Un episodio que a localidade mariñá converteu hai oito anos nun pretexto para poñerlle a agosto o final que merece: a Festa Normanda.

A algarabía comezou este venres co pregón oficial a cargo de José Ramón Vila Otero e mais a representación teatral da lenda a cargo das veciñas e veciños de San Martiño, na área recreativa de Bispo Santo. Un aperitivo para a gran recreación do ataque normando na praia de Tupide deste sábado, no que a festa se instalou no Paseo da Ribeira.

Os vestidos de peles e as pinturas de guerra permitían seguirles a pista aos nórdicos no mercado e no campamento, ubicado diante do Cenima. No recinto, desenvolvéronse demostracións de forxa, talla de madeira, teares, talleres de costura e cordelería e un obradoiro de esgrima histórica, que espertaron a curiosidade de grandes e pequenos.

O funeral normando, ao son dos tambores e á luz dos fachos, manterá o ambiente  na medianoite, e a festa continuará domingo cunha nova xornada de mercado e o reinicio dos obradoiros no campamento normando que será escenario dun “desembarco infantil”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here