Iniciosociedade(VÍDEO) A benvida a tres maiores que volven curados á residencia de...

(VÍDEO) A benvida a tres maiores que volven curados á residencia de Foz

Dúas mulleres e un home regresan de Santiago ao centro catorce días despois ao dar negativo nas probas

Publicada o

- Advertisement -

Tres usuarios -dúas mulleres e un home- da residencia de Foz regresaron na tarde deste xoves ao centro de maiores focego, procedentes do xeriátrico medicalizado Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, a onde foron trasladados o pasado 2 de abril despois de dar positivo por coronavirus.

Segundo confirmou a propia dirección da residencia de Foz, estas tres persoas volven da capital galega curadas, tras dar negativo nunha segunda análise. Con todo, deberán permanecen en illamento durante as dúas semanas preceptivas. Unha residente do centro de maiores permanece ingresada con positivo por Covid-19 no hospital Virxe dos Ollos Grandes, de Lugo.

O regreso destes tres maiores é unha alegría para residentes e persoal do xeriátrico de Foz, despois de que unha usuaria de 89 anos con coronavirus falecese no centro de maiores a principios desta semana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...