Aínda que faltan algúns días para que se levante o confinamento -días que van ser duros polo bon tempo que nalgún momento virá-, convén ir pensando no que imos facer despois. Non me refiro á depuración de responsabilidades, ás medidas económicas a tomar, á reformulación das canles de abastecemento ou á política industrial que debamos seguir. Tampouco falo do cambio de hábitos e modos de vida que se reclama dende múltiples foros porque eso xa é decisión de cada quen.
A cuestión é como imos romper as rutinas que nos creou o tempo que pasamos pechados na casa. As negativas, como comer e beber de máis, e as positivas como facer exercicio a determinadas horas. Serán as nosas relacións sociais iguais ca antes? Frecuentaremos os mesmos lugares? Quedará para sempre un pouso de medo na nosa cabeza? Esperemos que todo volva ser máis ou menos como era, pero parece difícil.
Preme abaixo para ler unha nova entrega do Diario de Corentena, escrito entre o Xornal de Lemos, o Lugo Xornal e o Xornal da Mariña.
Diario de corentena: Creounos vicio a rutina do confinamento?