Iniciosociedade(VÍDEO) Comeza a dragaxe dos portos de Viveiro, que a veciñanza reclama...

(VÍDEO) Comeza a dragaxe dos portos de Viveiro, que a veciñanza reclama desde 2007

Unha draga danesa extraeu os restos da contorna do peirao pesqueiro para deixalos na praia de Covas, onde se documentou nos últimos anos a perda de area

Publicada o

- Advertisement -

Unha draga danesa iniciou este domingo os traballos de dragaxe dos portos do municipio de Viveiro, unha vella demanda dos viveirenses. O sector pesqueiro reclama a extracción de lodo e area no peirao de Celeiro desde 2007, cando comezou a denunciar os problemas de operatividade dos buques pola falta de calado.

Segundo concreta a Xunta de Galicia, os traballos consistirán na retirada de 50.000 metros cúbicos de material areoso dos fondos mariños dos peiraos deste concello lucense. A actuación permitirá a recuperación de calado na canle de acceso, no peirao pesqueiro e no porto deportivo. Os traballos, cun orzamento dun millón, comezarán na canle de aceso e na dársena pesqueira e continuarán despois no peirao deportivo.

(Vídeo de Aldán Naval)

Este domingo, varios veciños captaron desde as súas casas as tarefas. Os restos do fondo da contorna do porto pesqueiro foron vertidos en Covas, nunha zona cercana a Os Castelos. Nesta praia vense documentando ao longo dos últimos anos a perda constante de area.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...