IniciosociedadeCIG e Xunta polemizan polo illamento dos inmunodeprimidos con coronavirus probable

CIG e Xunta polemizan polo illamento dos inmunodeprimidos con coronavirus probable

O sindicato pide que sexan ingresados nunha planta distinta á dos doentes co positivo confirmado e a Xunta asegura que "está garantida" a protección de obreiros e pacientes

Publicada o

- Advertisement -

A CIG Saúde A Mariña emitiu un comunicado no que o sindicato manifesta “ser coñecedor” da intención de “ingresar pacientes con neutropenia con febre nas habitacións 319 e 320 da planta onde están os pacientes de coronavirus, para facerlle o test RCP_PCR para detectar o Covid-19, algo contrario a todas as recomendacións científicas”.

A central nacionalista reclama que “os pacientes con neoplasias hematolóxicas, transplantes hematopoéticos, neutropenia ou tratamento con medicamentos inmunosupresores, sexan atendidos por persoal designado que non atenda a pacientes con sospeita ou confirmación de infección por Covid-19″.

A CIG sostén que o “persoal de enfermaría que atende a pacientes neutropénicos non debe ter contacto con pacientes con sospeita ou confirmación de infección por Covid-19”.

Finalmente, o sindicato insta a “establecerse políticas para evitar que as enfermeiras que atenden a pacientes neutropénicos roten en áreas que teñen casos coñecidos ou sospeita de Covid-19”.

Por todo o anterior, desde a central sindical solicitan á xerencia executiva do Hospital Público da Mariña que “reconsidere e rectifique esa decisión contraria a tódalas recomendacións científicas e que ditos pacientes sexan ingresados noutra unidade e con persoal designado que non atenda a pacientes con sospeita ou confirmación de infección por COVID-19”.

Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) argumentan que os pacientes inmunodeprimidos con Covid-19 probable “ingresan onde se dan as mellores condicións para o seu illamento”.

Neste sentido, concretan que as habitacións mencionadas son “de illamento especial, inverso“, nas que se “garante ao máximo a súa protección e a dos traballadores”.

As mesmas fontes precisan que “os pacientes inmunodeprimidos non sospeitosos de contraeren o virus son ingresados noutras plantas”.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...