Nalgunhas cidades vemos como se increpa desde os balcóns ás persoas que van pola rúa aínda descoñecendo os motivos que puidesen ter para “saltarse” o confinamento, noutros lugares chamado “toque de queda”. Así, son increpadas persoas que van ou regresan dos seus traballos en tendas de alimentación, hospitais, axuda a domicilio ou mesmo algunhas con necesidades especiais que padecen coma ninguén a corentena.
O que se supón unha medida imprescindible para tentar evitar unha expansión xeneralizada do “bicho”, está a permitir aflorar as frustracións persoais dunha poboación, maioritariamente, falta da necesaria e imprescindible cultura política que impida que as mentiras disfrazadas polos políticos mediocres, a manteñan no letargo necesario para o desmantelamento do público. Realmente pódese dicir que estamos nun inmenso cárcere onde os carceleiros son os propios presos.
Preme abaixo para ler completa a nova entrega do Diario de Corentena, de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.