Iniciosociedade(VÍDEO) O mapa xenómico dunha web científica sitúa o coronavirus en Galicia...

(VÍDEO) O mapa xenómico dunha web científica sitúa o coronavirus en Galicia en febreiro

O 3 de marzo documentouse o primeiro caso na comunidade, o dunha persoa que chegaba desde Madrid, pero os estudos descartan que fose o paciente cero

Publicada o

- Advertisement -

3 de marzo. Saltan as alarmas en Galicia. As probas realizadas a un home de 49 anos dan positivo por coronavirus. Acudira dous días antes ao Complexo Hospitalario da Coruña cunha neumonía vírica e o seu estado era xa grave. Chegara á nosa comunidade dous días antes, o 29 de febreiro, de Madrid nun coche compartido para realizar unha entrevista de traballo en Inditex. A Xunta di que a situación “está controlada” por que o caso é “importado” e que o “virus non circula” por Galicia.

Mes e medio despois daquel primeiro caso, a situación en Galicia é moi diferente. Moitos contaxiados tras o gran foco que estoupou en Madrid. Pero, realmente, ese home era o paciente 0 na nosa comunidade?

Grazas aos numerosos estudos que se están realizando nas ultimas semanas podemos saber que a Covid-19 estaba xa en Galicia antes dese suposto paciente 0, e tamén antes de marzo. Así o recolle, cando menos a información proporcionada por NextStrain, un proxecto de código aberto con información pública de hospitais e laboratorios de todo o mundo. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...