Iniciosociedade(GRÁFICA) Cinco ingresados con coronavirus, un menos có pasado mércores, no Hospital...

(GRÁFICA) Cinco ingresados con coronavirus, un menos có pasado mércores, no Hospital da Mariña

Dous doentes permanecen na Uci do centro hospitalario de Burela e tres en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de ingresados no Hospital da Mariña con coronavirus segue a minguar progresivamente desde o pasado 2 de abril, cando se produciu o tope de hospitalizacións cun total de 23. Segundo o reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas), cinco persoas permanecen ingresadas no centro hospitalario de Burela, por seis no día de onte.

Segundo o cómputo ofrecido este mediodía, hai dúas persoas na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e outras tres -unha menos có mércores- en planta.

TRECE CASOS MÁIS NA PROVINCIA, PARA UN TOTAL DE 627

No tocante aos casos activos na provincial, continúa a documentarse un leve incremento, cun total de 627, 13 máis ca onte. É o cuarto día consecutivo no que se rexistra un aumento das persoas con coronavirus, con 28 positivos máis neste período.

Deles, sete permanecen en Uci, os outros cinco no Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA). Outros 26 pacientes fican en unidades de hospitalización, dous menos ca onte -tres deles na Mariña, doce no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA. Monforte a día de hoxe segue a rexistrar cero ingresos por Covid-19.

Malia que a presión hospitalaria segue a manterse máis ou menos estable, é en domicilio onde se nota a repunta, con 15 casos máis. 26 persoas morreron na provincia por mor do coronavirus -cinco delas na Mariña- e déronse 126 altas.

492 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.637, deles 1.550 son da área da Coruña, 627 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 535 da de Pontevedra, 1.164 da área de Vigo, 1.078 da de Santiago, e 382 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 92 permanecen en Uci, 568 están en unidades de hospitalización e 5.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.676 altas de pacientes e 492 falecementos. O número de PCR realizadas é de 76.129.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...