IniciosociedadeDiario de corentena: escoitar os maiores

Diario de corentena: escoitar os maiores

Levo 44 días sen conducir, 49 sen quedar cunha amiga e 62 sen ver o mar; pero o outro día a maior da casa díxome "vén, que che conto un conto"

Publicada o

- Advertisement -

Xa levamos corenta días de corentena. Soa moi redondo e moi fatigante. Enchémonos de contar os días que pasamos sen saír da casa; contamos cantos quedan ata o vencemento do estado de alarma, aínda que souberamos que non era o definitivo; contamos o tempo que pasou dende a última vez que fixemos determinada cousa ou que fomos a tal sitio. Eu, por exemplo, sumo 44 días sen conducir, 49 sen quedar cunha amiga e 62 sen ver o mar.

Pero hai outras contas e outros contos que se botan mellor durante estas semanas. O mundo parou e deixounos máis tempo a escoitar… “Vente, que che hei de contar uns contos“, díxome estoutro día a máis vella da casa: “Á miña nena Carmiña / heille de mudar o nome; / cando chamo por Carmiña, / Carmiña non me responde. “Espera, a ver se me acordo doutro. Como era? Xa sei, xa sei. Ai, Maruxiña, / por dios, dáme un bico / tanto che quero / que xa non mo explico”. E a cousa seguía…

Preme abaixo para ler unha nova entrega do Diario de Corentena, escrito entre Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

Día 40 de corentena: aprendemos a contar (contos)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...