IniciosociedadeUn médico alfocego: "Lugo é un exemplo de que se cadra non...

Un médico alfocego: “Lugo é un exemplo de que se cadra non convén tanta acumulación urbana”

Pedro Reimunde, neurocirurxián no HULA, insta a reflexionar sobre o menor número de diagnoses e o abandono do rural

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Unha das leccións que demostrou esta xigantesca crise sanitaria é, para o neurocirurxián do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) Pedro Reimunde o non rotundo a “tantas acumulacións en zonas urbanas” pois cre que a súa provincia, a de Lugo, vai ter menos casos por non existir as masificacións.

Pedro Reimunde Figueira (Alfoz, 1981), que é tamén profesor asociado de Patología Quirúrxica na Universidade da Coruña (UDC), fisioterapeuta, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e traballou en países como Guatemala, Etiopía e Camerún, exerce de neurocirurxián no complexo lucense e superou recientemente o coronavirus, como relatou ao Xornal da Mariña.

Como médico cooperante tamén, ve necesario que a actual situación leve á xente a reformularse “a relación co planeta”, tal e como indica nunha entrevista con Efe, e subliña que a provincia de Lugo, que carece de núcleos moi grandes e ten “unha densidade de poboación baixa“, terá menos diagnosticados polo patóxeno que desencadeou a pandemia e menos mortes que outras zonas.

“Lugo é xa que logo un bo exemplo de que se cadra conviría que non houbese tantas acumulacións en áreas urbanas e menos abandono das rurais“, reflexiona ante a eventualidade de afrontar outra futura pandemia este galego que, aínda que coñece moitos lugares de distintos continentes, pertence a un municipio de 1.750 habitantes.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...