O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a repuntar. Segundo a estatística oficial ofrecida polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) na mañá desde venres, documéntanse un total de 647 positivos, 21 máis có pasado xoves.
É o quinto día consecutivo no que se rexistra un aumento das persoas con coronavirus na provincia, con 49 positivos máis neste período.
A presión hospitalaria no Hospital Público da Mariña mantense desde onte, con dous pacientes na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) e tres en planta.
Dos 647 positivos detectados na provincia, hai oito en Uci -os outros seis na unidade de críticos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA)- e 24 en hospitalización, dous menos ca onte -tres na Mariña, doce no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-. Monforte a día de hoxe segue a rexistrar certo ingresos por Covid-19.
En domicilio hai 21 casos máis ca onte, para un total de 615. Na provincia faleceron 26 persoas e déronse 128 altas.
CASE 500 MORTES EN GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.704, deles 1.584 son da área da Coruña, 647 da de Lugo, 1.302 da de Ourense, 550 da de Pontevedra, 1.169 da área de Vigo, 1.065 da de Santiago, e 387 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 87 permanecen en Uci, 531 están en unidades de hospitalización e 6.086 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.730 altas de pacientes e 498 falecementos. O número de PCR realizadas é de 78.822.