IniciosociedadeDiario de corentena: facer felices aos pícaros

Diario de corentena: facer felices aos pícaros

A corentena está sendo longa e dura, pero os máis pequenos da casa estannos dando unha lección de resistencia

Publicada o

- Advertisement -

A corentena está sendo longa e dura, pero os máis pequenos da casa estannos dando unha lección de resistencia. Aplaudo dende aquí todas as iniciativas que se fan para facelos felices e para recompensalos polo bo comportamento.

Esta semana, membros de Protección Civil apareceron nunha casa da Airexa de Gundivós cun Transformer. Aproveitando a felicitación dun aniversario, un veciño acompañounos caracterizado para a ocasión, imaxinádevos a cara do rapaz.

Este mesmo, os axentes medioambientais do Distrito Forestal de Monforte  fixéronlle aos nenos do barrio do Hospital uns diplomas e mandáronos baixar acompañados dun maior da casa. O devandito título -en galego- outorgábase como recoñecemento “Por pasar o seu primeiro ‘Estado de Alarma’ polo Coronavirus na casa con bo comportamento e mantendo un sorriso”.  A satisfacción dos pequenos, maiúscula, e o primeiro que fixeron foi facerlle unha foto para enviarlle aos avós por whatsapp.

Preme abaixo para ler completa a nova entrega do Diario de Corentena, de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

Diario de corentena: Todo pola felicidade dos nenos

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...