IniciosociedadeA presión hospitalaria mantense na provincia pero segue a medrar o número...

A presión hospitalaria mantense na provincia pero segue a medrar o número de positivos

Hai 662 casos activos na área lucense, 15 máis có pasado venres; no Hospital da Mariña permanecen dous pacientes na Uci e outros tres en planta

Publicada o

- Advertisement -

A presión hospitalaria na provincia mantense estable, pero o número de positivos por coronavirus segue aumentando. É a conclusión que se desprende dos datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este sábado. Segundo a estatística oficial, documéntanse 15 casos máis ca o pasado venres, para un total de 662 na área sanitaria lucense.

Destas 662 persoas, dúas están ingresadas na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital Público da Mariña e outras tres en planta do centro hospitalario de Burela.

Os outros sete pacientes en unidades de críticos están no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Un total de 22 doentes permanece en hospitalización -os tres da Mariña, doce no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-. Contabilízanse 631 casos en domicilio, 16 máis có pasado venres.

No total histórico, na provincia de Lugo houbo 26 falecementos –cinco deles na Mariña-, con 129 altas.

En Galicia, segundo os últimos datos da Xunta, morreron 509 persoas polo coronavirus, con 1.783 altas e 6.824 contaxiados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...