IniciosociedadeA partir do 2 de maio poderase saír a facer deporte individual...

A partir do 2 de maio poderase saír a facer deporte individual e pasear

O Goberno aprobará o martes un plan de desconfinamento que dirixirá o Executivo e será asimétrico

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que a partir do 2 de maio se poderá saír para facer deporte de forma individual e dar paseos coas persoas coas que convivamos se “a evolución da epidemia do coronavirus é favorable”.

Durante unha comparecencia na Moncloa, Sánchez tamén avanzou que o martes o Consello de Ministros presentará un plan de descalada para todo o mes de maio que será “gradual” e “asimétrico”, dependendo de cada territorio, un plan no que leva tres semanas traballando que está baseado no criterio dos expertos.

“Non imos recuperar de golpe toda a actividade e mobilidade social. Ímolo facer por etapas“, indicou Sánchez, quen aclarou que deberá estar coordinada coas mesmas regras. “A máxima será unha: entramos xuntos e imos saír xuntos como país”.

“Esta segunda etapa de transición está tan infestada de riscos e perigos como a primeira. Non dispomos dun manual infalible”, resaltou o presidente do Goberno.

Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...