A provincia rexistrou unha nova repunta de casos activos de coronavirus, segundo o reconto oficial ofrecido no mediodía deste martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). A estatística oficial documenta 675 positivos, 13 máis có pasado luns.

No Hospital Público da Mariña permanecen dous ingresados por coronavirus na Unidade de Coidados Intensivos (Uci), despois de que deran a alta na pasada tarde as dúas persoas infectadas que quedaban en planta.

Deste xeito, na provincia quedan sete persoas nas unidades de críticos, as outras cinco no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Outros 25 pacientes están en hospitalización -dez no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA-. No tocante aos casos en domicilio, aumentan en doce desde o último reconto, para un total de 643.

Vinteseis persoas -cinco na Mariña- faleceron a causa da pandemia na provincia, e 133 recibiron a alta.

En Galicia, os infectados por Covid-19 aumentaron nun 1% con respecto ao pasado luns, para un total de 6.947 infectados, con 540 mortes e 1.841 altas.