IniciosociedadeRiotorto e O Vicedo atribúen non ter positivos á dispersión poboacional e...

Riotorto e O Vicedo atribúen non ter positivos á dispersión poboacional e ao respecto ás normas

É difícil saber cales son os concellos que non teñen casos doumentados de coronavirus, pois a Xunta, ao contrario que a maioría das Autonomías, négase a facilitar esta información

Publicada o

- Advertisement -
Os concellos lucenses de Riotorto e O Vicedo aguantan o avance do coronavirus e non teñen entre os seus case 3.000 habitantes ningún positivo por Covid-19. O cumprimento das medidas de confinamento e o labor dos consistorios, segundo destacaron estes, para evitar a propagación contribúen na loita da pandemia do coronavirus.
O alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, avanzou que son “unha poboación pequena e moi dispersa. Pero cumprimos a machada as medidas”, subliñou, desde que o Goberno decretou o estado de alarma.

Ademais, segundo o rexedor local por parte de administración local están “a fornecer máscaras”, tanto a “pequenos como a maiores” e isto contribúe de forma positiva. “Nin tivemos, nin temos ningún caso de coronavirus”, sentenciou o alcalde de Riotorto.

Pola súa banda, o seu homólogo no Concello do Vicedo, José Jesús Novo, manifestou que “non” ve “a ninguén pola rúa máis do estritamente necesario”.

Os habitantes deste municipio mariñao decidiron non saír das súas casas “polo ben de todos”, recalcou o rexedor. Ademais, o alcalde tamén agradeceu “a paciencia de todos os seus veciños”.

A fórmula deste Concello é practicamente a mesma que o de Riotorto, abundou o rexedor; “desinfección dos lugares máis transitados” e repartos “masivos de máscaras” confeccionadas por xente do pobo, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...