IniciosociedadeDiario da desescalada: os marcos provinciais

Diario da desescalada: os marcos provinciais

As redes sociais ferven ao non entender que realidade sanitaria tan distinta podería haber entre O Vicedo e Mañón para prohibir os desprazamentos entre uns e outros sitios

Publicada o

- Advertisement -

Diario de corentena torna agora nun ‘Diario de desescalada’, un camiño de volta cara a esa nova normalidade da que tanto nos falan e que aínda ninguén é capaz de se imaxinar. Pedro Sánchez anunciou que esa situación non se alcanzará ata finais do mes da sega. De aquí a aló, agárdanos un plan de transición en catro fases e un millón de preguntas.

Os avances virán dados segundo o noso comportamento colectivo, claro. Non queremos dar un paso en falso. Nin tampouco fóra da provincia, seica. E é que o presidente do Goberno dixo que a mobilidade interprovincial quedará restrinxida ata que se alcance esa nova normalidade por completo. Díxoo hoxe. Pasado mañá que sei eu. O caso é que os de Friol van poder ir a Negueira de Muñiz, pero non a Toques ou a Sobrado dos Monxes. O Marco das Pías toma o control, señoras.

As redes sociais fervían con este tema, sen entender que realidade sanitaria tan distinta podería haber entre Palas de Rei e Melide, entre Sober e Parada de Sil, entre O Vicedo e Mañón, para prohibir os desprazamentos entre uns e outros sitios. Preme abaixo para ler unha nova entrega da serie de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña.

Diario de desescalada: os marcos entre provincias

 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...