Traballadores do Hospital Público da Mariña, tanto sanitarios como non sanitarios -persoal de limpeza, de seguridade ou da cafetería, entre outros empregados-, participaron nun vídeo de agradecemento e reinvidicación da súa labor, que ao longo dos últimos días se compartiu a través das redes sociais.
O vídeo reivindica a “toda a tripulación deste barco“, que ante a pandemia do coronavirus está a demostrar “corazón e profesionalidade a partes iguais”. A peza audiovisual remata cun agradecemento á poboación en xeral polo seu comportamento durante os últimos meses.
A presión asistencial por mor da pandemia baixou significativamente no Hospital da Mariña, cuxo pico de ingresados por coronavirus foi de 23, o pasado 2 de abril. Con todo, dúas persoas permanecen ingresadas na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) de Burela.