IniciosociedadeCoñece a nova web turística da Mancomunidade da Mariña

Coñece a nova web turística da Mancomunidade da Mariña

A páxina engade información ás 10.000 revistas entregadas aos turistas que visitaron a bisbarra

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Municipios da Mariña presentou este xoves a web masquegalicia.es, que recolle información turística sobre os 16 concellos da bisbarra. A nova bitácora complementará a revista publicada hai unhas semanas, da que se editou unha tirada de 10.000 exemplares e que se está a repartir entre os visitantes á comarca.

INFORMACIÓN

Na web, que en breve estará enlazada coa páxina principal da Mancomunidade, amariñalucense.gal, ofrécese información da asociación de municipios, do Camiño Norte, dos negocios de artesanía e das festas da zona.

O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, asegurou que esta web “é unha nova fórmula para dar a coñecer o patrimonio turístico que temos na Mariña”, e que engade “información á que viña na revista”. O contido da bitácora “actualizarase cada ano, en contacto permanente cos concellos”.

Presentación da web. AXM

ACTUALIZACIÓN DA PÁXINA PRINCIPAL

O alcalde de Burela e presidente do colectivo anunciou tamén que está prevista “unha renovación da nosa páxina principal, porque desde o ano 2016 non se fixo unha adaptación”.

Ao acto de presentación asistiron representantes dos concellos de Alfoz, O Valadouro e Viveiro, entre outros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...