IniciosociedadeSAE denuncia ante Traballo "o precario material" entregado ás auxiliares do Hospital

SAE denuncia ante Traballo “o precario material” entregado ás auxiliares do Hospital

O sindicato sostén que as máscaras que reciben as sanitarias "non reúnen os requisitos de comercialización europeos" e entréganse "extraídas do seu envase"

Publicada o

- Advertisement -

O Sindicato de Técnicos de Enfermería (SAE) anunciou a través dun comunicado de prensa que denunciou ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo “as precarias condicións do material entregado aos técnicos de Enfermería” no Hospital Público da Mariña.

A central sindical esixe “que se cumpra coa normativa de prevención que se ha de aplicar para estes casos e que se garanta o seu cumprimento mediante o informe do organismo correspondente no que se notifique a idoneidade tanto das máscaras como das luvas“.

Segundo SAE, as máscaras que reciben as sanitarias “non reúnen os requisitos de comercialización europeos e mesmo o seu aspecto xera dúbidas sobre a súa eficacia”.

“Ademais entréganse extraídas do seu envase, para o que se depositan previamente sen a súa embalaxe orixinal nunha caixa de cartón reciclada, polo que se carece de garantías de que non fosen contaminadas durante a súa manipulación”, manifesta o sindicato, que engade que aos traballadores “non se lles informaou debidamente nin se lles adestrou para a posta e retirada do conxunto de equipo de protección individual (EPI) que utilizan simultaneamente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...