IniciosociedadeTres concellos da Mariña, entre os 140 galegos sen casos de coronavirus

Tres concellos da Mariña, entre os 140 galegos sen casos de coronavirus

O efecto da dispersión poboacional á hora de conter a pandemia nótase en municipios como O Vicedo, Riotorto e Lourenzá, que non contabilizan positivos

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia segue a manter en segredo, ao contrario que outras Administracións autonómicas, que concellos galegos están polo momento libres de coronavirus. O presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, si usou os datos e referiuse a que 140 municipios non teñen ningún positivo como apoio á hora de presentar o seu plan de desescalada.

De forma oficial, non hai infectados por coronavirus rexistrados nos municipios lucenses da Fonsagrada, Riotorto, O Vicedo, Muras, Lourenzá ou Negueira de Muñiz, na provincia de Lugo; Toques, na Coruña; Arbo ou Mondariz, na provincia de Pontevedra; e Larouco, Gomesende, Quintela de Leirado ou A Veiga (que só contabilizou un caso importado de Madrid pero xa non conta con ningún), na provincia de Ourense.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...